Documento sin título
ASGIC
  Inicio | Estatutos | Membros | Asóciate | Contacto | Hemeroteca | Ligazóns | Lusocom | BOA (Biblioteca Online)
 

A Universidade de Minho acollerá o próximo Congreso da IAMCR
 
19.10.2009 - agacom
Terá lugar entre o 18 e o 22 de xullo de 2010

O tema central do Congreso da International Association for Media and Communication Research (IAMCR)xira entorno á temática da comunicación e a cidadanía baixo o título de 'Communication and Citizenship: Rethinking Crisis and Change' A Universidade de Minho de Braga, a través do Centro de Estudos de Comunicação e Sociedade (CECS), encargarase da organización deste evento. Para máis información: www.iamcr.org e www.iamcr2010portugal.com/

Publicación do Anuário Internacional de Comunicação Lusófona 2008
 
17.07.2009 - agacom
Comunicação e cidadanía

O Anuário Internacional de Comunicação Lusófona 2008 da Federaçao Lusófona de Ciências da Comunicação, da que Agacom forma parte, acaba de publicarse. Éste número está centrado na Comunicação e Cidadanía abordada dende distintas ópticas da Lusofonía.

INDICE

Nota dos Editores Comunicação e Cidadania Helena Sousa, Sandra Marinho e Rui Passos Rocha

Parte I – Comunicação e Cidadania no Espaço Lusófono

Comunicação Intercultural e Lusofonia – a perspectiva da semiótica da cultura (Maria Manuel Baptista)

Cartografias do imaginário navegante: reflexões sobre a identidade narrativa diaspórica, o “senso comum mítico” e o (des)conhecimento da cultura portuguesa contemporânea no Brasil (Tiago Monteiro)

Das representações dos PALOP em Portugal à importância da educação para os media (Alcina Dourado)

A Internet e o processo de democratização: os casos de Angola e Moçambique (Susana Salgado)

Televisão e democracia em Cabo Verde: Entre a expectativa da cidadania e as investidas políticas (Silvino Lopes Évora e Helena Sousa))

Televisão comunitária: mobilização social para democratizar a comunicação no Brasil (Cicilia Peruzzo)

Web TV local/regional em Portugal: que alternativa à TV? (Francisco Rui Cádima)

Cibermermedios galegos, un elo forte na integración de Galiza no espazo lusófono (Xosé López García)

Parte II – Investigação sobre os Media e a Comunicação no Espaço Lusófono

Quando objetividade não é objectivity. Os princípios do jornalismo brasileiro e suas conseqüências (Liriam Sponholz)

Ética jornalística no Brasil: o ideal, o real e os desvios no percurso (Hugo R. Lovisolo e Jacqueline Deolindo)

Bridging the gap: Bantu grammar workshops as a means to support community-based language development(Oliver Kröger)

Potencial da indústria de conteúdos em países ibero-americanos e africanos:o caso do livro (Paulo Faustino)

Análise de contido, tratamento estético e de linguaxe dos informativos audiovisuais en Galicia (Xosé Soengas Pérez, Ana Isabel Rodríguez Vázquez, Anxela Chillón Álvarez e María Salgueiro Santiso)

Os medios públicos, as primeiras vítimas: a desaceleración da radiotelevisión como servizo público esencial (Luís Álvarez Pousa)

Jaime de Sousa Guedes Pacheco: Retrato e Ideoloxía(Vítor Vaqueiro Foxo))



ESTRATEXIAS CULTURAIS DE GALICIA EN BRASIL
 
10.07.2009 - agacom
O workshop vaise celebrar os días 20, 21 e 22 de xullo en Santiago de Compostela

O obradoiro ESTRATEXIAS CULTURAIS DE GALICIA EN BRASIL, vaise desenvolver nas mañás dos días 20, 21 e 22 de xullo na sede do Consello da Cultura Galega en Compostela. Este encontro, coordinado polo Prof. Elias J. Torres Feijó,pretende analizar cales son as estratexias culturais de Galicia para penetrar no mundo brasileiro.

O Verbum de Vigo acolle unha ´Mostra de ficción portuguesa
 
18.03.2009 - agacom
Terá lugar os días 11, 18, 25 de Marzo e 1 e 8 de Abril

Na Mostra están representados, por un lado, os autores internacionais como Manoel de Oliveira e, por outro, autores cun incipiente prestixio como é o caso de Pedro Costa ou Rodrigo Areias, que presentará a súa produción independente, Tebas. Tamén se exihibirá Goodnight Irene, filme de producción portuguesa que recolle o ollar dun realizador non-portugués, Paolo Marinou Blanco.

ASAMBLEA XERAL ORDINARIA de AGACOM
 
9.02.2009 - agacom
Terá lugar o martes 10 de febreiro de 2009 na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC

Convócase para o martes, día 10 de febreiro de 2009, ás 13 horas en primeira convocatoria e ás 13,30 h. en segunda, no Visionado 1, da Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela, ASAMBLEA XERAL ORDINARIA, da ASOCIACIÓN GALEGA DE INVESTIGADORAS E INVESTIGADORES DA COMUNICACIÓN, de acordo coa seguinte orde do día:

1.- Informe das actividades realizadas en 2008

2.- Informe das actividades e relacións coa AE-IC

3.- Congresos de SOPCOM e LUSOCOM en Lisboa e AssIBERCOM en Funchal-Madeira: participación de coordenadores, presentación e participación de comunicacións e posibilidade de organización de viaxe conxunto

4.- Proxectos e actividades para 2009

5.- Presentación e aprobación da memoria de actividades e contas do último exercicio de 2008

6.- Rogos e preguntas



O I Congreso Internacional "Lugares de Cultura" celebrarase en Compostela
 
12.12.2008 - agacom
O evento terá lugar entre o 21 e o 24 de xaneiro de 2009

O I Congreso Internacional Lugares de Cultura, que se celebrará en Santiago o próximo mes de xaneiro, traerá a Compostela a máis de 20 especialistas de todo o mundo para debatir sobre o papel que xogan as infraestruturas culturais como ferramentas de desenvolvemento nos territorios.

Entre as experiencias que se poderán coñecer destacarán as iniciativas que exploran os lazos entre Europa e América; ideas procedentes doutros países, como Francia, Italia e Colombia, ou as posibilidades de interacción entre a cultura e outros campos tales como a innovación, as novas infraestruturas e as redes de cooperación. Máis información na súa Web


O ciclo de cinema " Cantos na Maré" abre a súa 6ª edición
 
10.12.2008 - agacom
Hoxe, 10 de decembro, comeza a programación deste Festival Internacional da Lusofonia.

A 6ª edición de Cantos na Maré ponse en marcha co ciclo de cinema lusófono, unha interesante selección de documentais, que se desenvolverá coa colaboración do Cineclube de Pontevedra ata o 12 de decembro na Casa das Campás.

Durante estes días están planificados diferentes pases co fin de achegar a todos os interesados, as raíces que amosen en imaxe o desenvolvemento musical e cultural de distintos territorios da lusofonia.

CNMdocumental 08 "Todo reflorecido" pases en aberto: mércores 10 (20 h) Sinopse: fascinado polo barrio lisboeta de Fontainhas, Pedro Costa filma aos seus habitantes e o proceso de destrución do barrio. Para o director, o seu traballo como cineasta e o barrio están inexplicablemente ligados. Aproveitando a rodaxe e a montaxe do filme Juventud en marcha, Aurélien Gerbault convértese en testemuña de excepción do minucioso traballo de Costa. Director: Pedro Costa.

"Brasileirinho" pases en aberto: xoves 11 (20 h) Sinopse: documental sobre o"choro", a primeira corrente musical brasileira urbana que comezou a desenvolverse arredor do 1870. O "choro", un estilo de música moi popular nos anos 20, entronca directamente coa samba e máis tarde coa bossa nova. Algúns títulos mundialmente coñecidos inclúen "Tico-Tico No Fubá"

e "Brasileirinho", tema que serve para dar título ao filme. Nel, amósase por riba de todo, unha colorida imaxe das tendencias actuais do xénero. Inclúe a actuación de artistas como o Trío Madera Brasil, Moura, Yamandú, Marcos Suzano, Elza Soares, Teresa Cristian, Zezé Gonzaga e moitos máis… Director: Mika Kaurismáki

"No a la vanagloria de mandar" pases en aberto: venres 12 (20 h) Sinopse: a película emprázase durante a guerra colonial portuguesa en África, durante a cal un oficial militar explica ás súas tropas a epopea histórica de Portugal, unha epopea feita de grandes fallos. A historia remata cando o 25 de abril desátase a revolución, o mesmo día no que o oficial morre nun hospital militar… Director: Manoel Oliveira Máis información: Web do festival


O XI IBERCOM vaise celebrar en Madeira o vindeiro mes de abril
 
12.11.2008 - agacom
A Universidade da Madeira xunto coa AssIBERCOM-Associação Ibero-Americana de Comunicação son os organizadores deste Congreso.

O XI Congreso IBERCON: Travessias comunicacionais: Cultura, Tecnologia e Desenvolvimento que se vai a celebrar en Funchal, na illa de Madeira entre o 16 e 19 de abril do 2009 abriu o prazo para o envío de abstracts de comunicacións que rematará o vindeiro 30 de decembro.

Para máis información consultar a Web do congreso


Aberto o prazo do Call for paper para o VIII Congreso de Lusocom
 
11.11.2008 - agacom
Até o 15 de decembro poderanse enviar propostas de comunicación

O VIII Congreso de LUSOCOM: Comunicação, Espaço Global e Lusofonia, que se vai a celebrar na Universidade Lusófona de Lisboa entre o 14 e o 15 de abril mantén aberto o "Call for papers" até o 15 de decembro deste ano.

As sesións temáticas que configuran o panel temático son: Teorias da Comunicación,Historia dos Media, Socioloxía da Comunicación,Semiótica e Análise do Discurso, Economía e Políticas da Comunicación, Comunicación Política, Retórica e Argumentación,Comunicación Audiovisual e Multimedia, Estudos Cinematográficos,Imaxe e Cultura Visual, Sociedade da Información e Novas Tecnoloxías,Dereito e Ética da Comunicación, Estética, Arte e Design, Comunicación nas Organizacións, Publicidade e Relacións Públicas, Xornalismo, Estudos Culturais e de Xénero,Comunicación e Educación,Comunicación e Ciencia e Cibercultura.

Para máis información consultar a Web do congreso ,

O I Congreso de estudiosos de Brasil en Europa terá lugar en novembro
 
27.10.2008 - agacom
O Centro de Estudos Brasileiros de Salamanca é o organizador do evento

O Congreso de Salamanca é a primeira realización da rede de estudiosos de Brasil en Europa, creada baixo os auspicios da Fundación Cultural Hispano-Brasileña, en outubro de 2007. A rede reúne a universitarios adedicados a temas brasileños en España, Alemaña, Austria, Bélxica, Francia, Holanda, Italia, Portugal e Reino Unido. Ten como obxectivo favorecer o reforzo da cooperación entre os diferentes centros de estudos brasileños en Europa en aras dun maior coñecemento sobre o país nas universidades europeas.

Co tema “Brasil a debate: contradicións da modernidade", que será enfocado baixo unha perspectiva multidisciplinar, o Congreso contará con mesas temáticas sobre lingua, literatura e artes; política e socioloxía; historia e relacións internacionais; e desenvolvemento económico.

Celebrarase os días los días 19, 20 y 21 de novembro de 2008. Máis información na web do congreso .
 
axenda

opinion
Avaliación do VII LUSOCOM
Por Agacom

publicacions
Anuarios Internacionais de Comunicación Lusófona
Por LUSOCOM


I+C Investigar a Comunicación: Congreso Fundacional
da AEIC

 


Documento sin título

AGACOM
Asociación Galega de Investigadores e investigadoras en Comunicación
AGACOM
CAI2, Facultade de Ciencias da Comunicación
Avda. Castelao, s/n
15782 Santiago de Compostela.
T. 981 56 31 00 Ext. 16500
M. info@asgic.com