LUSOFONÍA, ineteractividade e inteculturalidade
Os países lusófonos constitúen un espazo xeo-lingüístico plural e asimétrico cun fío común, unha partilla de linguas do mesmo sistema lingüístico de inestimábel valor de uso- e de cambio- para a circulación de produtos das industrias culturais.
O proxecto de Investigación e Desenvolvemento Lusofonía, Interactividade e Interculturalidade, trata de localizar as barreiras, con e para alén da cuestión lingüística que obstaculizan esa realidade potencial.
Para iso, márcanse as seguintes pautas:
1.- Elaborar unha mostra tipolóxica, que inclúa ficción cinematográfica e televisiva en formatos diversos, documental e animación, a partir dos catálogos que ofrecen as empresas audiovisuais.
2.- Efectuar unha análise de contidos consonte ás categorías localizadas. Realizar unha sistematización de certos motivos e modos na dramaturxia, que puideran funcionar como indicadores da posta en escena e dos estilos dominantes na creación audiovisual en Galicia.
3.- Analizar comparativamente a recepción que os membros dos grupos fan destes produtos e compor unha clasificación temática, formal e tipolóxica dos produtos que circulan mellor.
4.- Extraer das conclusións desta análise, resultados e recomendacións para a súa aplicación neste ámbito, configurado por un elo lingüístico que non se ten incorporado de maneira habitual aos debates do intercambio de persoas, ideas e produtos na mundialización.