Documento sin título
ASGIC
  Inicio | Estatutos | Membros | Asóciate | Contacto | Hemeroteca | Ligazóns | Lusocom | BOA (Biblioteca Online)
 

DIRECTIVA DA AGACOM

Presidenta
Margarita Ledo Andión é Doutora en Ciencias da Comunicación pola Universidade Autónoma de Barcelona e Profesora Catedrática na na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, alén de Presidenta da Federación Lusófona de Ciências da Comunicação e membra da comisión executiva da Aicom (Asociación Española de Investigadores en Comunicación, en constitución). Nas súas liñas de pesquisa desenvolve a relación entre interculturalidade, políticas públicas e produción de bens culturais. O seu último libro publicado: Cine de fotógrafos (Barcelona: Gustavo Gili, Barcelona, 2005).

Secretario
Francisco Campos Freire é xornalista e Profesor Titular da Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago, na que imparte Dirección e Xestión da Empresa Informativa e Audiovisual e Estrutura do Sistema Audiovisual. MBA en Dirección e Xestión de Empresas Industriais e de Servizos e Experto en Xestión de Calidade pola European Organization for Quality (EOQ). Investiga nas áreas de economía e políticas de comunicación, xestión da empresa familiar de comunicación, responsabilidade social corporativa e sistemas de normalización da calidade.

Tesoureiro
Xosé Ramón Pousa Estévez é Profesor Titular de Comunicación Audiovisual e Publicidade na Universidade de Santiago de Compostela, na que imparte materias de Radio, campo ao que dedicou boa parte da súa tarefa investigadora, orientada ao estudo da relación entre tecnoloxía, programación e audiencias, sendo autor do principal estudo sobre o comportamento da audiencia radiofónica en Galicia.

Vogal
Xosé Soengas Perez é Profesor Titular de Comunicación Audiovisual e Publicidade e Director del Departamento de Ciencias de la Comunicación de la Universidad de Santiago de Compostela. Alén de director do posgrao ‘Comunicación Audiovisual na Era Dixital’, foi profesor de posgrao na Universidade Complutense de Madrid. Entre as súas últimas publicacións, destacan: Narrativa audiovisual (Madrid: Laberinto, 2006) e Informativos radiofónicos (Madrid: Cátedra, 2003).

Vogal
Rosa Aneiros Díaz licenciouse en Xornalismo pola facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela en 1998. Actualmente traballa no Arquivo e na Sección de Comunicación do Consello da Cultura Galega e imparte clases de Métodos de Investigación en Comunicación Social e Técnicas de Comunicación Audiovisual e Publicidade na facultade de Humanidades da USC (Campus de Lugo). Colabora habitualmente en medios de comunicación e é autora de diversas obras literarias. A súa principal liña de investigación céntrase no estudo da prensa histórica de Galicia.

Vogal
María Salgueiro Santiso licenciouse en Xornalismo pola facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela en 2001. Realiza a súa tarefa investigadora principalmente no ámbito disciplinar da Teoría e a Análise do Texto, centrándose na súa aplicación na comunicación do Terceiro Sector.

 

 

 

 
axenda
1.01.1970


opinion
Avaliación do VII LUSOCOM
Por Agacom

publicacions
Anuarios Internacionais de Comunicación Lusófona

Por LUSOCOM


I+C Investigar a Comunicación: Congreso Fundacional
da AEIC

 


Documento sin título

AGACOM
Asociación Galega de Investigadores e investigadoras en Comunicación
AGACOM
CAI2, Facultade de Ciencias da Comunicación
Avda. Castelao, s/n
15782 Santiago de Compostela.
T. 981 56 31 00 Ext. 16500
M. info@asgic.com