A Asociación Galega de Investigadores e Investigadoras en Comunicación, AGACOM, impartirá un seminario sobre xestión de información e innovación destinado ás pequenas e medianas empresas os vindeiros 13 e 14 de decembro. Será impartido na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela.
Cun total de 16 horas de duración, as sesións ocuparanse de temas fundamentais para o persoal de prensa e comunicación deste tipo de organizacións empresariais. Sistemas de información, innovación na xestión da información, a responsabilidade social corporativa, o rol dos gabinetes de comunicación ou o correcto emprego da web son algúns dos asuntos principais que serán tratados no seminario.
A inscrición é gratuita e pode efectuarse ben enviando un correo electrónico á asociación (agacom@agacom.org) ou ben por teléfono (981 563 100 Ext. 16556)
A Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia colabora coa organización das xornadas. |