| |
| Péchase o congreso "I+C Investigar a Comunicación" con éxito de participación |
| agacom |
| 4.02.2008 |
| Máis de catrocentos expertos en comunicación, procedentes de ata vintecinco países de todo o mundo, compartiron coñecementos no Congreso Fundacional da Asociación Española de Investigación de la Comunicación |
| O Congreso Fundacional da Asociación Española de Investigación de la Comunicación (AE-IC)rematou este venres cumprindo os o seu principal cometido: fomentar a relación entre os profesionais da comunicación co fin de acadar os obxectivos da AE-IC que son os de potenciar a investigación da comunicación no conxunto da política científica, facilitar a cooperación e crear redes de intercambio de información entre investigadores/as, e establecer unha política de cooperación con asociacións internacionais de investigación.
A asistencia de máis de cincocentos profesionais e expertos do sector facilita sen dúbida o comezo da andaina da Asociación.
En total estiveron representados máis de 25 países fundamentalmente do eido europeo e americano. O profesor da Universidade Autónoma Metropolitana de México, Néstor García Canclini, ou a profesora da Universidade de Lima (Perú), Teresa Quiroz, son algúns dos representantes de América Latina. No ámbito europeo investigadores como a profesora da Universidade de Kent (Gran Bretaña), Elisabeth Cowie; o profesor da Universidade de Tampere (Finlandia), Tapio Varis; ou a blogger Regine Debatty. Entre a representación galega e española destaca a catedrática da Universidade de Santiago de Compostela, Margarita Ledo, ou o catedrático da Universidade Autónoma de Barcelona, Miquel de Moragas, ambos pertencentes ao comité organizador do congreso
|
|
|
|

 |
Anuarios Internacionais de Comunicación Lusófona
Por LUSOCOM |
|