| LUSOCOM (Federação Lusófona de Ciências da Comunicação), na que AGACOM está integrada, comunica a chamada de artigos para o próximo número do Anuário Internacional de Comunicação Lusófona.
O Anuário priorizará traballos que atendan para a pesquisas sobre a comunicación no ámbito das comunidades e países lusófonos, principalmente en “Galiza e o espazo lusófono” e que respondan aos tópicos de Políticas de comunicación e cultura, empresas mediáticas, produtos, distribución, proxectos e análise.
NORMAS PARA O ENVIO DO ABSTRACT:
Máximo 15 liñas (350 caracteres) e debe facer referencia aos obxetivos, proposta metodológica de análise (tratamento) e resultados agardados.
NORMAS PARA AS PUBLICACIÓNS:
As contribucións deben ser enviadas vía correo electrónico, en arquivos configurados no programa Microsoft Word, dentro das seguintes categorias:
1. Artigos - textos con dimensión variable entre quince e vinte páxinas ( 21 mil a 28 mil caracteres), contendo análise, reflexións e conclusións sobre temas académicos ou profesionais.
2. Comunicacións Científicas (Relatos de Pesquisa) - textos con dimensión variable entre quince e vinte páxinas (21 mil a 28 mil caracteres), contendo descrición da pesquisa, metodoloxía, análise dos resultados e conclusións.
Os orixinais deben ser enviados xa revisados e acompañados dun resumo de non máis de 15 liñas (350 caracteres), na lingua orixinal e cunha indicación de catro palabras-chave, alen dunha pequena biografría do autor (5 liñas).
As referencias bibliográficas deben ser incluídas dentro do texto, a bibliografía debe estar colocada no final do artigo; en canto ás notas, se son necesarias, deben ser de rodapé e deben ter só a función de inserir agradecementos, consideracións, comentarios ou explicacións complementarias.
As colaboracións deben ser enviadas ao Editor Asociado do respectivo país do autor, neste caso AGACOM (agacom@agacom.org). |