Documento sin título
ASGIC
  Inicio | Estatutos | Membros | Asóciate | Contacto | Hemeroteca | Ligazóns | Lusocom | BOA (Biblioteca Online)
 
O ciclo de cinema " Cantos na Maré" abre a súa 6ª edición
agacom
10.12.2008
Hoxe, 10 de decembro, comeza a programación deste Festival Internacional da Lusofonia.
A 6ª edición de Cantos na Maré ponse en marcha co ciclo de cinema lusófono, unha interesante selección de documentais, que se desenvolverá coa colaboración do Cineclube de Pontevedra ata o 12 de decembro na Casa das Campás.

Durante estes días están planificados diferentes pases co fin de achegar a todos os interesados, as raíces que amosen en imaxe o desenvolvemento musical e cultural de distintos territorios da lusofonia.

CNMdocumental 08 "Todo reflorecido" pases en aberto: mércores 10 (20 h) Sinopse: fascinado polo barrio lisboeta de Fontainhas, Pedro Costa filma aos seus habitantes e o proceso de destrución do barrio. Para o director, o seu traballo como cineasta e o barrio están inexplicablemente ligados. Aproveitando a rodaxe e a montaxe do filme Juventud en marcha, Aurélien Gerbault convértese en testemuña de excepción do minucioso traballo de Costa. Director: Pedro Costa.

"Brasileirinho" pases en aberto: xoves 11 (20 h) Sinopse: documental sobre o"choro", a primeira corrente musical brasileira urbana que comezou a desenvolverse arredor do 1870. O "choro", un estilo de música moi popular nos anos 20, entronca directamente coa samba e máis tarde coa bossa nova. Algúns títulos mundialmente coñecidos inclúen "Tico-Tico No Fubá"

e "Brasileirinho", tema que serve para dar título ao filme. Nel, amósase por riba de todo, unha colorida imaxe das tendencias actuais do xénero. Inclúe a actuación de artistas como o Trío Madera Brasil, Moura, Yamandú, Marcos Suzano, Elza Soares, Teresa Cristian, Zezé Gonzaga e moitos máis… Director: Mika Kaurismáki

"No a la vanagloria de mandar" pases en aberto: venres 12 (20 h) Sinopse: a película emprázase durante a guerra colonial portuguesa en África, durante a cal un oficial militar explica ás súas tropas a epopea histórica de Portugal, unha epopea feita de grandes fallos. A historia remata cando o 25 de abril desátase a revolución, o mesmo día no que o oficial morre nun hospital militar… Director: Manoel Oliveira Máis información: Web do festival

 
axenda
1.01.1970


opinion
Avaliación do VII LUSOCOM
Por Agacom

publicacions
Anuarios Internacionais de Comunicación Lusófona

Por LUSOCOM


I+C Investigar a Comunicación: Congreso Fundacional
da AEIC

 


Documento sin título

AGACOM
Asociación Galega de Investigadores e investigadoras en Comunicación
AGACOM
CAI2, Facultade de Ciencias da Comunicación
Avda. Castelao, s/n
15782 Santiago de Compostela.
T. 981 56 31 00 Ext. 16500
M. info@asgic.com