Documento sin título
ASGIC
  Inicio | Estatutos | Membros | Asóciate | Contacto | Hemeroteca | Ligazóns | Lusocom | BOA (Biblioteca Online)
 
Avaliación do VII LUSOCOM
Agacom
26.02.2007
Avaliación do VII Congreso Internacional de Comunicación Lusófona, LUSOCOM 2006, na xuntanza ordinaria da dirección da Agacom celebrada o día 5 de xuño de 2006
1. Para alén de constatar a transcendencia social e o apoio institucional que o Congreso e máis a Feira convocaron, a visibilidade nos medios de comunicación e a rápida instalación do termo ‘lusofonía’ nos ambientes académico e asociativo, a dirección da Asociación fai fincapé en que o Congreso se desenvolvera segundo o esquema previsto e que a organización do mesmo se demostrara acaída coas necesidades do evento, unha vez posto en marcha.

2. No plano da participación, destácase tanto a representatividade dos contidos temáticos como a cantidade de comunicacións e de asistentes, que sobrepasou lixeiramente as 300 inscricións, cota que nos tiñamos marcado. Tamén é de interese comentar o alargamento da representación africana máis a presenza de Timor Leste no foro científico e de todos os países lusófonos, no seu conxunto, na Feira.

3. A Agacom felicítase pola iniciativa da creación dun ‘Fundo Audiovisual da Lusofonia’, depositado para consulta e préstamo na Mediateca da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC e advirte que xa foron solicitadas determinadas obras para unha Mostra Audiovisual no Campus universitario da cidade de Lugo.

4. De cara ao período que agora comeza, no que a presidencia da Federación coincide coa presidencia da Agacom, e co propósito de facer avanzar a institucionalización da mesma, tanto a nivel xurídico como de intercambio científico e de coñecemento, trasládase ás organizacións que compoñen a Lusocom:

a) a necesidade de crear unha rede de grupos de estudo e de pesquisa con investigadores das diferentes Asociacións;
b) a posibilidade de elaborar programas de cooperación en formación para a comunicación e
c) a utilización e ‘posta en valor’ da web para estes cometidos.

Compostela, 14 de xuño de 2006

Margarita Ledo Andión
Presidenta da Agacom
Presidenta da Lusocom
 
axenda
1.01.1970


opinion

Por

publicacions
Anuarios Internacionais de Comunicación Lusófona

Por LUSOCOM


I+C Investigar a Comunicación: Congreso Fundacional
da AEIC

 


Documento sin título

AGACOM
Asociación Galega de Investigadores e investigadoras en Comunicación
AGACOM
CAI2, Facultade de Ciencias da Comunicación
Avda. Castelao, s/n
15782 Santiago de Compostela.
T. 981 56 31 00 Ext. 16500
M. info@asgic.com