O número 219 de GRIAL recolle o monográfico "Comunicar en Galicia"

O número 219 da revista GRIAL, publicación editada por Galaxia, publica un monográfico titulado "Comunicar en Galicia" no que se recolle o resultado de investigación promovido a partir do I Congreso Internacional da Asociación Galega de Investigadoras e Investigadores en Comunicación (AGACOM), celebrado en novembro de 2017 na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela.

O monográfico de GRIAL, coordinado por Margarita Ledo, Víctor Freixanes e Francisco Campos, recolle traballos da citada Margarita Ledo, Xosé López García, Silvia García-Mirón, Xosé Rúas Araújo, Ana Isabel Rodríguez, Carmen Costa, Miguel Túñez López, Cristina Pato, Eire G. Gid e unha entrevista de Fernando Redondo Neira con Armand Mattelart.

Entradas destacadas
Entradas recentes
Arquivo
Buscar por tags

 © 2016 AGACOM