A “Lusofonía por vir” a debate

A Facultade de Ciencias da Comunicación foi escenario de reflexión e debate sobre a conformación do espazo lusófono no ámbito das ciencias da comunicación.



Organizada pola Asociación Galega de Investigadores en Comunicación (AGACOM), o Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA) e o Grupo Novos Medios, a mesa redonda contou coa presenza de Moisés de Lemos Martins, da Universidade do Minho, e Margarida Krohling Kunsch, da Universisdade de São Paulo, a quen a Universidade de Santiago de Compostela vén de concederlles a insignia de ouro, que será entregada en acto protocolario no día de mañá, venres 22 de outubro.

Margarita Ledo, presidenta de honra da AGACOM, Víctor Fernández Freixanes, presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Pousa, decano da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela e Xosé López García, director do Grupo Novos Medios, completaron o panel de intervencións.

Entradas destacadas
Entradas recentes