Pesar polo pasamento de Jesús Martín-Barbero

AGACOM expresa o seu fondo pesar polo recente pasamento do profesor Jesús Martín-Barbero. Referente no ámbito da comunicación e a cultura, deixa unha pegada indeleble no eido internacional.


Autor de numerosas obras que son referentes para as persoas que investigan e ensinan no ámbito da comunicación e a cultura, Martín-Barbero foi un intelectual cuxas ideas e teorías foron, son e seguirán a ser innovadoras e inspiradoras.


Dende a AGACOM queremos sumarnos ás condolencias á súa familia e achegados.

Entradas destacadas
Entradas recentes
Arquivo
Buscar por tags