

Clausurado con éxito o XII Lusocom
Margarita Ledo (Presidenta da Lusocom) e Silvino Évora (Presidente do Mediacom) puxeron o peche ao XII Lusocom e III Mediacom despois de tres días intensos para a comunicación na lusofonía en Praia. A capital de Cabo Verde foi, durante esas xornadas, centro de atención para a comunidade investigadora.


Arranca o XII Lusocom en Praia
A Universidade de Cabo Verde na súa sede da capital caboverdiana está a ser o centro da investigación en comunicación no ámbito lusófono despois de que se celebrara a sesión de apertura do XII Lusocom e III Mediacom. Na inauguración das xornadas participaron Margarita Ledo (Presidenta da Lusocom), Judite Media do Nascimento (Reitora da Univerisdade de Cabo Verde), Ineida Cabral (Gabinete de Comunicação Social do Governo de Cabo Verde) e Silvino évora (Presidente da Mediacom).

Programa definitivo do XII Congresso Lusocom
O XII Congresso Lusocom mailo III Mediacom que se celebrarán entre o 19 e 21 deste mes de outubro en Cabo Verde xa contan con programa definitivo ao que se pode acceder a través da súa web oficial. A cita reunirá a representantes da comunidade lusófona en 27 sesións de traballo baixo o lema Cibercultura, regulação mediática e cooperação.