O XV Congresso Intenacional Ibercom abre o prazo para envío de propostas

Ata o 30 de xuño estará aberto o prazo para envío de propostas de resumos expandidos para participar no XV Congreso Ibercom 2017, que se celebrará entre o 16 e o 18 de novembro na Universidade Católitica Portuguesa (UCP), en Lisboa. O lema eixo do encontro será “Comunicación, Diversidade e Tolerancia”. O XV Ibercom está organizado pola Associação Ibero-americana de Comunicação (Assibercom), en colaboración co Centro de Estudos da Comunicação e Cultura (CECC) da Faculdade de Ciências Humanas da Universidade Católica Portuguesa (FCH-UCP). Para máis información sobre os DTIs, envío de propostas e inscripcións pode consultarse o seguinte a web do XV Ibercom.

Sonia Livingstone e Nico Carpentier participarán no X SOPCOM

Os profesores Sonia Livingstone, da London School of Economics, e Nico Carpentier, das Universidades de Upsala e VUB de Bruselas, participarán como investigadores convidados no X Congreso da SOPCOM, que se celebrará do 27 ao 29 de novembro no Instituto Politécnico de Viseu de Portugal. Fotografía de Sonia Livingstone publicada na web da London School of Economics. A asociación portuguesa de investigadores de ciencias da comunicación, fundada en 1997, celebra o seu 20 aniversario co gallo deste próximo congreso. Ata o 21 do mes de xuño está aberto o prazo de envío de propostas para calquera das 17 áreas temáticas e grupos de traballo. Fotografía de Nico Carpentier pertencente ao seu perfil en

Destacados
Entradas recentes
Categorías

 © 2016 AGACOM