

Margarita Ledo, primeira muller galardoada co Premio Otero Pedrayo
Margarita Ledo Andión, xornalista, cineasta, catedrática da Universidade de Santiago de Compostela e membro da Real Academia Galega recibiu de mans da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, o Premio Otero Pedrayo no 130 aniversario do nacemento do escritor ourensán. Tiveron que pasar corenta anos dende que a Xunta de Galicia, co apoio das catro deputacións provinciais, convocara por primeira vez o Premio Otero Pedrayo no 1977 para que unha muller fora galardoa