

Pesar polo pasamento de José Marques de Melo
Directiva e socios da AGACOM queren transmitir o máis profundo sentimento de pesar polo pasamento do profesor Jose Marques de Melo, tan querido e apreciado na Galiza e apoio fundamental para o impulso desta asociación. Marques de Melo, pai da institucionalización como área académica das Ciencias da Comunicación e do Xornalismo no Brasil e primeiro doutor en Comunicación titulado por unha universidade brasileira, foi un intelectual xeneroso que deixou fonda pegada na comunidad